Conferencia Sectorial para Asuntos Locais

A Conferencia Sectorial para Asuntos Locais é o máximo órgano de cooperación entre o Estado e as Comunidades Autónomas e ten como finalidade permitir o debate e a concertación da política local.
A Conferencia Sectorial para Asuntos Locais (CSAL) é o máximo órgano colexiado de cooperación, encontro e deliberación, para a articulación das relacións entre a Administración Xeral do Estado, das Comunidades Autónomas e dos Gobernos Locais que ten por finalidade primordial conseguir a máxima coherencia na determinación e aplicación das políticas que en materia de goberno e Administración local adoptan o Estado e as Comunidades Autónomas.
É presidida polo titular do Ministerio que ten atribuídas estas funcións, e son membros da mesma os Conselleiros responsables da Administración Local en cada Comunidade Autónoma e os representantes designados pola Federación Española de Municipios e Provincias.

REUNIÓNS E ORDES DO DÍA

Reunións ano 2004-2005 (PDF · 15.11 KB)

Reunións ano 2006 (PDF · 11.46 KB)

Reunións ano 2007 (PDF · 13.86 KB)