Principado de Asturias

escudo

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma do Principado de Asturias, constituíuse o 15 de decembro de 1993.

A súa composición é variable en función dos temas a tratar, aínda que conta con cinco membros permanentes por cada unha das representacións. A Presidencia da Comisión corresponde á Administración do Estado e a Vicepresidencia á Comunidade Autónoma. Cada representación estará asistida por un Secretario.

As súas funcións son as previstas nas normas de funcionamento de 19 de xullo de 2004:

  • Impulsar e concretar, desde o punto de vista bilateral, a realización de plans, programas e actuacións conxuntas para o desenvolvemento das políticas comúns nos distintos ámbitos sectoriais.
  • Impulsar a celebración de convenios de colaboración naqueles ámbitos materiais nos cales sexa necesaria a especificación dun plan ou programa conxunto de forma bilateral.
  • Deseñar mecanismos de colaboración mutua nas distintas áreas en que poida confluír a actividade de ambas as Administracións.
  • Servir de canle de actuacións de carácter preventivo no intento de impedir que xurdan conflitos entre ambas as Administracións.
  • Arbitrar propostas de solución a cuestións que interesen a ambas as Administracións en asuntos da súa competencia.
  • Examinar calquera asuntos que afecten a ambas as partes e, en particular, os que teñan por obxecto evitar ou tentar resolver por vía extraprocesal conflitos de competencia.
  • Analizar as normas con rango de lei, estatais ou autonómicas, en relación coas cales se susciten cuestións susceptibles de dar lugar á formulación dun recurso de inconstitucionalidade, co fin de chegar a un acordo que evite a súa interposición, no marco do establecido no artigo 33 da Lei Orgánica 2/1979, de 3 de outubro do Tribunal Constitucional, na redacción dada pola Lei Orgánica 1/2000, de 7 de xaneiro.

Normas de funcionamento